miércoles, 9 de abril de 2008

PRENSA

Di@rio de Arousa Edición electrónica Miércoles 9 de Abril 2008 Deportes Portada | Vilagarcía | Cambados | Sanxenxo | O Grove | O Salnés | Caldas-Umia | O Barbanza | Galicia | Deportes | España | Mundo | Economía | Sociedad | Comunicación | Última Página | O Caldas certifica un ascenso anunciado REDACCIÓN > VILAGARCÍA O Caldas xogará a próxima tempada na quinta categoría logo de consumar o ascenso nesta xornada. E. MOLDES O Caldas convertiuse no primeiro equipo da comarca en acadar o ascenso de categoría. Con 66 puntos no seu casilleiro xa ten asegurada, salvo que cometa unha irregularidade, unha das catro primeiras prazas. Este é un ascenso anunciado porque o Caldas sempre foi líder da categoría. Os caldenses puideron festexar o éxito logo de gañarlle ao Armenteira nas Corticeiras por 3-1. El Puente tamén consumou o ascenso ao quinto grupo, mentras que O Rula Añargal de Moraña xogará a vindeira tempada na terceira categoría unha vez que xa ten garantido o ascenso e incluso sería unha sorpresa que non se proclamase campión no grupo cuarto da Liga de Veteráns. Na primera división prodúxose un novo troco de líder, recuperando o Poio esa posición que perdera a semana pasada. O gran responsable desta variación foi o Bar O Compadre Dorrón. A súa sorprendente vitoria sobre o Merendero (3-2) permitiu ao Poio desbancar aos de Marín da primeira praza. A loita polo terceiro posto gañou moito interese logo de que perdera o Mecos no campo do Soho Coffee (6-3) e de que o Vilagarcía golease (5-1) ao Netos da Coca. Os grovenses sácanlle agora un só punto aos vilagarciáns. Pola parte baixa vanse aclarando as cousas logo de que o Arosa e o mencionado Soho Coffee sumaran tres puntos vitais, aínda que seguen en zona de perigo. O Boa Vila empatou no Centro Penitenciario A Lama (1-1), o San Pedro perder en Vilagarcía contra o Cambados (1-2) e o Amanecer goleou ao Estradense (4-0). Na segunda categoría tamén se van definindo as cousas e xornada a xornada os equipos da comarca perden opcións de ascenso. O Meaño é o que centra agora a atención na súa pelexa por evitar o descenso. O empate en Portonovo ten sabor a derrota, sobre todo logo da vitoria do Hotel Rúas. Albariño, Portas e Distribuciones Guipe seguen con paso firme o seu camiño cara o ascenso, mentras que o Sanxenxo ten máis complicado salvarse. O Trofeo á Deportivida está liderado por Poio (Grupo 1), Moraña (2), Fátima-Lusigal (3), Huracán (4), Peña Bora (5) e Monte Porreiro (6). ir a inicio de página © Di@rio de Arousa

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Hola!!!!!!!!!!!!
tes razón MONAAAAAA
hai que facerlla un detalle pero os dous que veñen sempre porque non han fallado nunca e máis que nadie merecen un detalle pola nosa parte. Eu desde logo penso que hai que apreciar o pouco que se ten así cando teñamos moito apreciarémolo máis.
Un saudo a todos e o sábado temos que ganar para que non me pese a min jeje.
Un saúdo a todos y CHUPI espavila coño.
CHAO

anonimo: ****VARA****

Anónimo dijo...

he jugado con mucha gente
y por muchos equipos pasado,
y ninguno me a calado
tan al fondo como este.
No es por el equipo
ni tampoco por jugar,
solo por ser un grupo
unido de verdad.
Lo hagas bien o mal
seas mejor o peor,
la unidad aqui es tal
que ni en familia te sientes mejor.
Jugadores y familias
unidos como uno,
aqui no tenemos espinas
y malos royos ninguno.
Tambien felicitar
a esos dos que vienen siempre,
ninguno es jugador
pero se lo merecen.

anonimo: vara